A divulgación é a nosa devoción. Así, durante a temporada micolóxica organizamos saídas tuteladas ao monte todos os sábados. A saída efectúase dende o noso local social en Sillobre.
Os luns pola tarde poderémosvos atender aquí, para axudarvos na clasificación das setas que traiades.
E como dispoñemos dunha boa cociña é habitual que trala clasificación organicemos unha improvisada degustación.
Periodicamente organizamos ceas, xa que, ademais de micólogos somos micófagos.
Para os fanáticos da Ciencia dispoñemos dun microscopio profesional co que podemos observar as esporas das setas.
A nosa biblioteca é moi completa e ímola ampliando día a día.

|