FERROL: Celebrarase a XXII Edición das Xornadas de Ferrol, que constarán de:
- Tres Conferencias no salón de actos da Fundación Caixa Galicia, no Cantón de Molíns, os día 14, 15 e 16 de outubro:
- Micorrización, por María Monteagudo Pichet, de Hifas da Terra, martes 14 de outubro, ás 19:30
- Cogomelos raros e ameazados, por Jaime Branco de Dios, da Federación Galega de Micoloxía, mércores 15 de outubro, ás 19:30
- Cultivo de cogomelos, por Antonio Muíños, de Funxicultura Muíños, o xoves 16 de outubro, ás 19:30
- Exposición de Cogomelos do Litoral Atlántico, baixo unha carpa no Cantón de Molíns, onde se realizarán actividades formativas e lúdicas cos escolares dos colexios de Ferrol, días 16 e 17 de outubro.
- Degustación popular de Cogomelos, cociñados pola Sociedade Micolóxica Viriato, día 18 de outubro, ás 13:00.
CARANZA (Ferrol): 6, 7 e 8 de novembro
-Xornadas Micolóxicas en colaboración coa Sociedade Rubia Barcia, co seguinte programa:
-Exposición, xoves 6 de novembro.
-Cultivo de cogomelos e degustación, venres 7, ás 20:00.
-Saída ao monte, sábado 8, ás 9:00, desde o local social Rubia Barcia.
XORNADAS DE FENE, 13, 14, 15 e 16 de novembro
-Obradoiro Micolóxico de Fene, no que se iniciará aos novos afeccionados na observación morfolóxica e organolépticas, así como na análise microscópica das esporas, para a clasificación de cogomelos. Os días 13e 14 de novembro.
-Saída ao monte, sábado 15 de novembro.
-Degustación de cociña de cogomelos baixo carpa o domingo de feira día 16 de novembro.
-Xornadas de Colexios, con saídas ao monte ou ao Parque Micolóxico.
SADA: Organizarase unha xornada para a Sociedade Galega de Historia Natural, pendentes de confirmar datas.
VIMIANZO: Pendentes de confirmar datas para organizar unhas conferencias sobre Funxicultura e o aproveitamento do monte. |